
Lotes
Que son e como funciona?
Bonitos lotes de agasallo ou fechados de produtos ecolóxicos, galegos e acompañados dun surtido dos nosos produtos de horta e froita de tempada, á túa escolla!
1º. Escoller un dos lotes, para agasallo ou fechados.
2º. Acompañar cun pedido de verduras e froita de tempada (Opcional).
3º. Indicarnos o nome e enderezo da persoa agasallada ou receptora do lote fechado.
Levarémoslle o lote á súa casa no teu nome e, por suposto, con moito aloumiño! E se o lote é para ti mesma/o, con moito aloumiño tamén!
Non esquezas preencher no momento do pagamento o apartado de “instrucións especiais para o vendedor” e indicarnos nome e enderezo da persoa receptora, así como horario de entrega preferente.