Maceramos as plantas en aceite de oliva (eco) para que colla as súas propiedades e botámoslle un pouquiño de cera de abella para obter unha textura fácil de aplicar. Temos tres tipos: de romeu, caléndula e hipérico.
Ingredientes: Aceite de oliva (eco), a planta* e cera de abellas**.
ROMEU
PROPIEDADES: Activa a circulación favorecendo unha agradable sensación de calor na
zona tratada reducindo a dor muscular.
PRECAUCIÓNS: non apto para embarazadas.