Grazas ó oleato de hiperico este xabón é hidratante e rexenerante. As algas son ricas en pigmentos e ácidos grasos que lle confiren propiedades antioxidantes, tamén son ricas en minerais que alimentan a nosa epiderme. O xabón ten unha dureza media e produce escuma abundante.
Ingredientes: Aceite de oliva (eco) e de coco (eco), hidrolato de xeranio
(eco), hidróxido sódico (sosa), zume de Fucus vesiculosus*, Laminaria ochroleuca (kombu)* e Undaria pinnatifida (wakame)*, oleato de hipérico* e aceite esencial de lavanda (eco) e xeranio (eco).