
Aloumiños Da Terra
Romeu (Feixe de 50 G)
Moi empregado en aceites para golpes e malestares reumáticos.
PARTES USADAS: follas e sumidade florida
INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS: Dispepsias (mala dixestión), anorexia, artrite, artralxias (dor articulacións), cefalea, mareo, amenorrea (falta menstruación), oligomenorrea (ciclos escasos), astenia (fatiga), lesións cutáneas, dermatite, estomatite, farinxite, ciática, mialxia (dor muscular)
CONTRAINDICACIÓNS: embarazo e lactación, non superar a dose de aceite puro en nenos pequenos (poden ser neurotóxicos e convulsionantes). Non prolongar o seu uso por neurotoxicidade.
REMEDIOS:
BAÑO DE ROMEU
Efectos: Este baño é ideal para os nenos/as cando estean arrefriados, pois os principios balsámicos do romeu penetran a través da pel baixando a febre e atenuando os accesos de tose. O romeu é tamén un excelente tonificante debido as súas virtudes estimulantes, polo que o baño débese tomar polas mañás. Tamén alivia as dores reumáticas e reaviva a circulación. Pódese realizar facendo unha infusión e colar o líquido ao baño ou tamén botar o romeu sobre a auga quente na bañeira ou ben colgar unha bolsiña de tea respirable baixo o chorro quente da billa. A auga de romeu é tamén un bo tónico para despois do afeitado e pode ser tamén unha auga de colonia.